Origin: Spain
(Import costs included in the price)
It will be shipped from our warehouse between Thursday, July 11 and Thursday, July 25.
You will receive it anywhere in United States between 1 and 3 business days after shipment.
Transgresión e Fraxilidade (in Galician)
Miguel Anxo Mato Fondo
Synopsis "Transgresión e Fraxilidade (in Galician)"
Na súa curta obra, Lois Pereiro achegou á poesía galega unha estética moi persoal, cunha carga de ironía, melancolía e convencida tanxencialidade, no gume do marxinal, expresada cunha enorme sensibilidade, desde un discurso poético esencialmente reflexivo. Con frecuencia tense aludido á súa obra como saída do centro da cultura urbana, mais preferimos pensar que Lois Pereiro estaba á marxe destes parámetros. A súa obra non acepta os lindes do urbano nin do supostamente rural, que non deixan de ser referencias concretas e limitadoras. Pensamos na linguaxe como eixo central na obra de Pereiro. O poema expresa ou mostra a ferida, o sangue, as feridas do subconsciente, da sombra, mais tamén do sufrimento físico, máis consciente, máis evidente. Especialmente nos poemas do seu último libro, esa cartografía da dor. A dor está tamén no acto da escrita. E isto aproxímao a Rosalía, na liña máis autorreflexiva sobre a condición e a traxedia da escrita, transgresora e fatal, ambos os dous poetas en conflito e íntimos tormentos.