Origin: Colombia
(Import costs included in the price)
It will be shipped from our warehouse between Thursday, August 15 and Tuesday, August 27.
You will receive it anywhere in United States between 1 and 3 business days after shipment.
ancho mar de argazo
y manuel forcadela jean rhys
Synopsis "ancho mar de argazo"
en 1966 a escritora dominicana jean rhys publica en gran bretaña “ancho mar de argazo” considerada a súa mellor novela. a partir de entón, a súa obra literaria comeza a ser moi considerada pola crítica. as personaxes de rhys abanean na confrontación entre unha intimidade desconcertada e o asoballamento do mundo, que mesmo pode conducir á tolemia. en “ancho mar de argazo”, unha novela de amplísimas resonancias, a autora rescata a súa protagonista da obra de charlotte brönte. jean rhys crea un deslumbrante mundo ficcional e logra presentarnos unha das máis abraiantes e desgarradas personaxes femininas de todo o século, caracterizada desde a oposición de identidades (homes contra mulleres, negros contra brancos, europa contra américa, novos contra vellos, ricos contra pobres, etc.). sen dúbida, unha novela excepcional. “ancho mar de argazo” conta a historia de antoinette, desde que era unha nena na xamaica de principios do século xix ata os días derradeiros da inglaterra vitoriana onde vive internada, aqueixada dunha incurable enfermidade mental.