Origin: Spain
(Import costs included in the price)
It will be shipped from our warehouse between Wednesday, July 10 and Wednesday, July 24.
You will receive it anywhere in United States between 1 and 3 business days after shipment.
A Memoria da Árbore (Narrativa k) (in Galician)
Tina Vallés
Synopsis "A Memoria da Árbore (Narrativa k) (in Galician)"
«Son coma dúas pingas de auga», di o avó cando miña nai e mais a avoa discuten. «Non discutimos, nós sempre falamos así», responden ambas se llelo botas na cara. E o mellor que podes facer é deixalas soas. Que son coma dúas pingas de auga quere dicir, ben sei, que son iguais, díxome meu avó e, deseguido, foise para o despacho dos meus pais e volveu cun álbum poeirento para ensinarme unhas fotos de cando a avoa tiña a idade de mamá: –Son clons! –dixen. Desde ese día, miña nai e mais a avoa son as cloniñas. Elas non o saben, é que meu avó e mais eu temos algúns segredos... «Podo poñerme contento?», pregunta Jan cando lle contan que o avó Joan e a avoa Caterina van ir vivir con el e cos seus pais. Porque Jan intúe que algo pasa, que o feito de seren cinco na casa non é tan boa noticia. Será un cambio que vai alterar o día a día de toda a familia; a partir dese momento, as palabras e os silencios terán novos matices na vida cotiá. Pero o rapaz ten o seu propio mundo, cheo de paseos, árbores e letras.